Por fin veño de dar a coñecer mundialmente a miña teoría da nasa. Ben, foi antonte tomando unhas cervexas con tres amigos, pero estou seguro de que esta teoría se espallará en breve polo universo universal e me fará famoso. De calquera xeito, paso a contala.
Como é sabido, a nasa é unha arte de pesca (sempre me chamou a atención o feito de adicarlle o apelativo de arte a instrumentos que serven para acabar con outros seres vivos -tamén se fala da arte da guerra-), é unha arte, dicía, consistente nun receptáculo cilíndrico recuberto de malla, cun único e estreito lugar de acceso ao seu interior, onde se coloca o cebo para atraer a congros ou polbos que, toda vez que entran, non son xa quen de sair. O que impide que saian é que non teñen unha vision externa da nasa que os faga conscientes da súa morfoloxía e de que existe unha vía de escape (neste caso a mesma que lles serviu de acceso), ou dito doutra maneira, as árbores impídenlles ver o bosque.
A miña teoría da nasa serve para exemplificar diversas condutas humanas ou situacións sociais derivadas delas. Non lembro ben o motivo concreto que me levou o outro día a expoñela ante tan insigne como escaso auditorio, pero creo que tiña que ver con algunha situación derivada do tema laboral, con esas actitudes que adopta algunha xente, pechándose nunha postura e negándose a ceder ante as esixencias do traballo en equipo, impedindo con elo que o clima sexa mellor, máis colaborativo, e a calidade do proceso e do produto tamén e todos poidan sair gañando. Aos meus contertulios pareceulles unha teoría estupenda, moi ocurrente, (son bos rapaces) e que podía ser empregada para designar moitas outras situacións que comezaron xa a saír como unha rea: as rutinas diairas das cales nos é dificil fuxir, os problemas matrimoniais ou de parella, a situación do presidente do depor, a do noso propio concello...
Cando nos demos conta eran as mil e unha e alguén suxeriu que habería que ir pensando en ir durmir pero, sen saber moi ben como, atopámonos emborcando outras cervexas e caendo na conta de que aos catro se nos estaba a poñer ese desasosegante aspecto que adquiren os congros cando caen nunha nasa.

1 comentario:
Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Se você quiser linkar meu blog no seu eu ficaria agradecido, até mais e sucesso.(If you speak English can see the version in English of the Camiseta Personalizada.If he will be possible add my blog in your blogroll I thankful, bye friend).
Publicar un comentario